acreditacións 

                notas de prensa

                dossier de prensa

                luns, 22-feb
                
martes, 23-feb
                
mércores, 24-feb

                acreditacións

  • multimedia

                fotos

                vídeos



 

 

 

FÓRUM 2008


Preto de 15.000 persoas visitaron o Fórum Gastronómico Santiago’08, celebrado no Palacio de Congresos, organizado por Pep Palau von Arend & Associats e promovido pola Concellaría de Turismo de Santiago, dirixida por Xosé Manuel Iglesias.

Desde o día da inauguración, o 16 de febreiro, e ata a súa clausura, o 20, o fluxo de visitantes foi continuo e as diferentes salas que acolleron obradoiros e catas guiadas, rexistraron un cheo absoluto en todas as sesións. O Espazo Nenos, cuxo obxectivo era achegar a cociña aos máis pequenos dunha forma divertida e amena, foi igualmente un éxito a xulgar polo cheo absoluto rexistrado en cada unha das cinco sesións diarias celebradas na fin de semana.

O Congreso profesional contou con máis de 65 relatorios e sesións de cociña en directo, ofrecidas por cociñeiros e expertos procedentes de todo o mundo e ás que asistiron 703 congresistas.

Compre salientar que o espazo feiral reuniu a máis de 150 firmas en 70 estands e que se converteu en escaparate dos mellores produtos de Galicia e do mundo enteiro.

Un exemplo do interese que suscitou o evento foi a presenza de máis de 125 xornalistas acreditados, que cubriron información sobre o Fórum, procedentes de España, Italia, Francia, Portugal, Alemaña, Dinamarca, Bélxica, etc, o cal contribuíu á difusión internacional do evento.

Mención especial merece a resposta á convocatoria do I Encontro de bloggers, á que asistiu Ferran Adrià, e que conseguiu reunir en Santiago aos blogs gastronómicos máis representativos do momento. Puxo punto e final á xornada a presentación do Código Cociña ao que xa se adheriron preto de 300 bloggers de todo o mundo.

O programa do Fórum Gastronómico Santiago’08 foi produto de máis dun ano de traballo de campo en Galicia, coa colaboración de produtores, cociñeiros e expertos, e contou cun equipo de máis de 100 persoas que se ocuparon da produción deste ambicioso proxecto. Os relatorios de recoñecidos cociñeiros galegos, do arco atlántico e do resto do mundo entusiasmaron ao numeroso público asistente.

Desta forma, o Fórum eríxese como un novo factor de atracción e difusión da gastronomía galega consolidando Santiago como destino de Turismo enogastronómico de primeira orde. A cidade, que se implicou enormemente na celebración deste evento gastronómico, acolleu unha programación cultural específica que virou en torno ao mundo da cociña e os viños.

Moitos foron os que seguiron o Fórum a través da rede. De feito, a páxina web www.forumsantiago.com chegou a 150.000 accesos diarios e converteuse nun elemento de comunicación crucial para a súa difusión.

A próxima edición do Fórum Gastronómico celebrarase do 20 a 24 de febreiro de 2010.


ver Fórum Gastronómico Santiago'08

 

 

Diseño web y Desarrollo web Mastercafe SL  | Hosting Alojamiento web tráfico ilimitado ISPActivo.com   |  Nota legal   |   Nota técnica

blanco

blanco