FORUM SANTIAGO 2012

Noticias



Gran éxito na primeira xornada profesional do Fórum Gastronómico Santiago 2012

Produtores, cociñeiros, enólogos, pasteleiros, académicos e expertos encheron o Pazo de Congresos e Exposicións compostelano na primeira xornada para profesionais do Fórum Gastronómico Santiago 2012, que se celebra ata o martes 28, en horario de 10:00 ata as 20:00 horas.

Joan Roca, de El Celler de Can Roca, foi o encargado de inaugurar as sesións no Auditorio do Fórum Santiago. O numeroso público congregado seguíu con atención as explicacións sobre a nova carta de primaviera deste famoso restaurante, distinguido con tres Estrelas Michelín. Seu irmán Jordi, encargado das sobremesas, acompaño preparando en directo algunhas das novas creacións dos cataláns. O Fórum Santiago tinguiuse de verde co taller de Javier Olleros e Santiago Pérez sobre produtos de horta na cociña galega; seguido de Rodrigo de la Calle e Santiago Orts e as novas verduras do deserto e Paco Morales e o naturalismo na alta cociña. Pechou a xornada o portugués afincado en Londres Nuno Mendes, e a súa cociña vinculada ao Atlántico. A Sala Picadillo, un espazo reducido e cercano, acolle estes talleres, demostracións de cociña en directo con degustacións dos pratos elaborados polo cociñeiro. Na Aula Activa da xornada, Josean Alija desvelou as técnicas de cociña con verduras que utiliza en Nerua, o restaurante do Museo Guggenheim recentemente premiado cunha Estrela Michelín.

A Aula Activa é un novo formato estreado en 2011 polo Fórum, un espazo experimental e interactivo no que os asistentes tiveron a oportunidade de estar xunta este prestixioso cociñeiro e probar os seus pratos. Durante tres horas os 20 asistentes puideron velo en acción e ata colaborar con el na cociña.

Pola tarde a Sala Cunqueiro dúas novas sesións de Fórum Dulce, co mestre chocolateiro Ramón Morató e de novo Jordi Roca. O Auditorio a final do concurso de cociña Ouro Doce Fusión, unha sesión con Marcos Morán sobre a cocina cantábrica e un interesante Diálogo sobre conceptos singulares, marcas e tendencias, no que participaron Iago Pazos, Iñigo Lavado, Enrique Castelló e o prestixioso crítico gastronómico Jose Carlos Capel.

Premios Innofórum
En cada una das súas edicións o Fórum Gastronómico premia as empresas expositoras que conseguen destacar polo nivel de excelencia dos seus productos na súa presentación, o seu sabor ou o seu concepto cos Premios Innofórum. O Auditorio acolleu durante a tarde a entrega destes premios ás empresas gañadoras, tras a deliberación do xurado, composto por diversos profesionais vinculados ao mundo da gastronomía, como Soledad Felloza, Ramiro Esparís, Luis Paadín, Pepe Mata, José Balboa, Xosé López e Xurxo Fernández A conserva de lacón con grelos de Embutidos Lalinense recibiu o premio ao Mejor Packaging pola súa impecable presentación; a salsa chimichurri de algas de Portomuíños recibiu o premio ao Sabor máis Innovador e o aceite de oliva “Edición Sargadelos” da empresa Olei recibiu o premio ao produto de Concepto máis Innovador, polo seu traballo de recuperación da tradición galega. .

<<< Retornoseparador

Forum Santiago 2012

Forum Santiago 2012 Forum Santiago 2012 Forum Santiago 2012 Forum Santiago 2012 Forum Santiago 2012

© Fòrum Gastronòmic SL   T 93 883 30 45      Nota técnica   info@forumsantiago.com

 Diseño: Marujas Creativas  Desarrollo web   Alojamiento web

blanco

blanco