FORUM SANTIAGO 2012

Noticias



O Fórum Gastronómico Santiago 2012 vive a súa primeira xornada

A inauguración oficial tivo lugar ás12:00 horas, coa presenza da conselleira de Medio Rural e do Mar da Xunta, Rosa Quintana; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o alcalde da cidade, Xerardo Conde Roa; o representante de Hijos de Rivera, Guillermo Fernández; e os co-directores de Fórum Gastronómico Jaume von Arend e Pep Palau. Este último agradeceu a colaboración dos patrocinadores institucionais e privados e dos expositores, grazas aos que se puido celebrar esta terceira edición de Fórum Gastronómico en Galicia.

O ambiente nas distintas sesións e na propia feira de exposicións foi intenso, cunha grande afluencia de público e afán de coñecer os segredos dos mellores cociñeiros. As diferentes actividades desenvolvéronse entre aplausos, como os que recibiu Palmira Acuña, da Illa de Ons, gañadora do III Concurso de Pulpeiras nunha disputada competición. Amador Porta (A Estrada) e Plácido Lage (O Carballiño) obtiveron o segundo e terceiro posto, respectivamente.

A xornada contou tamén coas primeiras sesións de Fórum Doce, con Josep María Ribé e Jordi Farrés; dúas sesións de Science&Cook, o inicio de Fórum Viño, talleres da Cociña de Larpeiros, cociña sefardí, cociña de Lanzarote, a cociña en miniatura dos gañadores de Santiago(é)Tapas e a Homenaxe a Cunqueiro realizada por cociñeiros galegos

<<< Retornoseparador

Forum Santiago 2012

Forum Santiago 2012 Forum Santiago 2012 Forum Santiago 2012 Forum Santiago 2012 Forum Santiago 2012

© Fòrum Gastronòmic SL   T 93 883 30 45      Nota técnica   info@forumsantiago.com

 Diseño: Marujas Creativas  Desarrollo web   Alojamiento web

blanco

blanco