arbol y terra
 
 
mar

Descargue o reprodutor Flash para ver este vídeo.

Tralo porco landrán.
O interese pola recuperación e conservación da raza porcina celta foi medrando durante os últimos anos. Os porcos celtas críanse en liberdade, alimentándose dunha mestura de cereais, basicamente millo e cebada. O resultado desta cría natural son produtos porcinos de primeira calidade.

Segue


A soas coa Natureza.

En 1900 A Fonsagrada era o concello máis poboado da provincia de Lugo. Houbo anos nos que chegou a ter máis poboación que Lugo capital.
Unha comunidade que subsistía coa gandería e os oficios tradicionais da ferrería, a coitelería, a zoquería... Na que o pan diario estaba asegurado co millo, o trigo, a mel, as patacas e as castañas da horta. E a festa cun xamón e un botelo sobre a mesa.
A emigración, a merma do sector agrícola e a precariedade económica foron despoboando A Fonsagrada ata deixala nos 4900 habitantes actuais. Lonxe de deixar caer no esquecemento esta tradición, Vicente, Manuel Linares e Antonio traballan por mantela viva, nunha loita diaria, lenta pero constante. Cunha única arma: as súas mans.

 

Segue



Entre montañas e vales.
A Fonsagrada é o concello máis extenso de Galicia, con 438 quilómetros cadrados. Situado na fronteira entre a provincia de Lugo e Asturias, a súa orografía montañosa marca contundentemente as súas paisaxes e a súa forma de vida. Lugares como a praia fluvial de Naraxa ou a seimeira de Vilagocende, fan destas montañas un lugar máxico onde perderse e soñar inmersos na natureza.

Segue
Descargue o reprodutor Flash para ver este vídeo.

Cocido con grelos.
Grelos, patacas, cenorias, perexil, cacheira, chourizo, touciño, rabo, orella, unto, costela, garavanzos e fabas. Con todos estes ingredientes Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira, prepáranos un orixinal cocido. Un prato que aínda que a simple vista é unha pataca, contén unha sorpresa. Ao abrila podemos atopar todos os compoñentes que conforman o tradicional cocido.

 

  mar
terra
quen somos