Esta é a miña máquina .
Érguese cedo para ir ao mar na súa máquina, no seu barco. Esta é a vida de Jacobo, un pescador de Redondela que pertence a confraría de Cesantes. Chegou ao mar despois de estudar un ciclo de electrónica e tras traballar cinco anos na fábrica de Citroën. Navegamos con Jacobo para ver como se “marea” a ameixa, a técnica que emprega. Ter unha boa colleita é cuestión de sorte e calma pero gústalle. El marca o seu propio ritmo.
O mar dá vida.
Pescadores, peixeiras, conserveiras e mariscadoras. Diferentes oficios pero todos relacionados: todos viven do mar. É o principal protagonista, ao igual que os seus produtos. Dende que saen do mar ata que chegan aos nosos pratos, nalgún momento, pasan polas mans destas persoas. Baltasar Rodríguez, o patrón maior de Rianxo, unha peixeira e unha mariscadora tamén de Rianxo e Luis Escurís Batalla, o director comercial da conserveira, cóntannos como é a súa vida diaria, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. Coinciden no máis importante: é un traballo duro pero vale a pena.
Serra e ría unidas .
Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro e Porto do Son forman a península do Barbanza que comeza nunha serra dende a que se poden observar as Rías Baixas. Desemboca nas Rías de Arousa e Muros e Noia. Con máis de cen mil habitantes, O Barbanza é unha das zonas máis poboadas de Galicia. Praias coma a do Vilar, miradoiros como o da Curota ou parques naturais como o de Corrubedo, distribúense ao longo deste territorio ofertándolle aos seus visitantes diferentes actividades tanto culturais como recreativas.
Pescada con herbas aromáticas.
Acompañamos a Xosé Cannas, cociñeiro do Restaurante “Pepe Vieira Camiño da Serpe”, (Sanxenxo) a comprar unha fermosa pescada ao mercado. Xunto a unhas ameixas, uns espárragos e diferentes herbas aromáticas, Cannas prepara un creativo prato para o goce do padal.