Esta é a miña máquina .
Levántase cedo para ir ao mar na súa máquina, o seu barco, esta é a vida de Jacobo, un pescador de Redondela que pertence a confraría de Cesantes. Chegou ó mar despois de estudar un ciclo de electrónica e tras cinco anos na fábrica de Citroën. Jacobo lévanos no seu barco para ensinarnos como se marea a ameixa, a técnica que se usa para collela e que é cuestión de sorte e calma. Gústalle. El marca o seu propio ritmo
O mar dá vida.
Pescadores, peixeiras, conserveiras e mariscadoras. Diferentes oficios pero todos relacionados, todos viven do mar e o peixe é a súa ferramenta diaria. Dende que sae do mar ata que chega os nosos pratos, nalgún momento pasa polas súas mans. Baltasar Rodríguez, o patrón maior de Rianxo, unha peixeira e unha mariscadora tamén de Rianxo e Luis Escurís Batalla, o director comercial da conservería que leva o seu nome, contanos como é a súa vida diaria, coas súas ventaxas e os seus inconvintes, pero coincidindo no máis importante, un traballo duro pero que vale a pena.
Serra e ría unidas .
Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro e Porto do Son forman a península do Barbanza que comeza nunha serra dende a que se pode observar as Rías Baixas e desemboca nas Rías de Arousa e Muros e Noia. Con 102981 habitantes que viven nos seus 572 Km2, O Barbanza é unha das zonas máis poboadas de Galicia.
Praias coma a do Vilar, miradores como o da Curota ou parques naturais como o de Corrubedo, distribuense o largo deste territorio ofertandolle os seus visitantes diferentes actividades tanto culturais como recreativas.
Pescada con herbas aromáticas.
Acompañamos a Xosé Cannas, cociñeiro do Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe (Sanxenxo) a comprar á lonxa unha fermosa pescada para ver como cociña este sabroso prato. Cun lombo de pescada, unhas ameixas, uns espárragos e diferentes herbas aromáticas prepáramos unha comida para o desfrute do padal.